Sunday 12 de May de 2024

O Concello de Neda reabre as portas da piscina municipal este sábado


A tempada de baño estenderase ata o mes de setembro

O Concello de Neda reabrirá este sábado 24 de xuño as portas da piscina municipal. A tempada de baño arranca a última fin de semana do mes, e estenderase ata primeiros de setembro. As instalacións, situadas na contorna dos Subarreiros, abrirán todos os días da semana, incluídos festivos. De luns a venres, de 15:30 a 20:30 horas (xa que polas mañás a piscina albergará cursos de natación, para os que está aberta a inscrición), e sábados, domingos e festivos, o horario será de 12:00 a 20:30 horas.

O custe da entrada é de 1,5 euros para nenos/as de ata 14 anos, e de 3 euros de aí en adiante. Así mesmo, o Concello ofrece a posibilidade de expedir bonos de tempada co que o acceso sae máis económico. Para nenos/as de ata 14 anos, o custe é de 15 euros; para persoas a partir de 15 anos é de 21 euros, e o bono familiar -4 integrantes- é de 36 euros -por cada membro a maiores súmanse 3 euros-